Creación de novas figuras

O programa permite a creación de novas figuras. Para crear unha figura nova, é necesario non estar en fase de resolución dunha figura. Se xa iniciou a resolución dunha figura, pode para o xogo clicando sobre o primeiro ítem da árbore de figuras.

Co xogo parado, pode construír a nova figura. A continuación, coa opción de menú Xogo->Crea unha nova figura->Comproba mostra (ou ben coa combinación de teclas Ctrl+M) pode comprobar que a muetra e a silueta da figura vense correctamente. Puiden que sexa necesario algún axuste. Para borra a mostra e a silueta utilice a opción de menú Xogo->Crear nova figura->Borrar mostra (ou a combinación de teclas Crtl-E).

Cando teña a nova figura, pode comprobar se xa existe algunha figura similar coa opción de menú Xogo->Crear nova figura->Busca figura (ou coa combinación de teclas Crtl-F). O programa buscará coincidencias entre as figuras da árbore de figuras e a formada polas pezas na zona de xogo. Ao final, o programa informará das coincidencias atopadas.

Finalmente, pode gravar os datos da nova figura nun arquivo de disco utilizando a opción de menú Xogo->Crear nova figura->Gardar figura (ou ben coa combinación de teclas Crtl-D). Entón deberá asignar un nome descriptivo á figura e un nivel de dificultade. Pode seleccionar en que directorio deber gardarse os datos da figura utilizando o botón .

Así, pode crear cuanatas figuras desexe. En calquera momento, utilizando a opción de menú Aplicación->Carga figuras dun arquivo pode dispoñer das figuras creadas na árbore de figuras para xogar.

Os datos das figuras gárdanse nun arquivo de texto. Pode enviar os arquivos de texto das figuras ao autor do programa e seran incorporadas ao programa.