O programa permite a creación de novas figuras. Para crear unha figura nova, é necesario non estar en fase de resolución dunha figura. Se xa iniciou a resolución dunha figura, pode para o xogo clicando sobre o primeiro ítem da árbore de figuras.
Co xogo parado, pode construír a nova figura. A continuación,
coa opción de menú Xogo->Crea unha nova
figura->Comproba mostra (ou ben coa
combinación de teclas Ctrl+M)
pode comprobar que a muetra e a silueta da figura vense
correctamente. Puiden que sexa necesario algún axuste. Para
borra a mostra e a silueta utilice a opción de menú
Xogo->Crear
nova figura->Borrar mostra (ou a
combinación de teclas Crtl-E).
Cando teña a nova figura, pode comprobar se xa existe
algunha figura similar coa opción de menú Xogo->Crear nova
figura->Busca figura (ou coa
combinación de teclas Crtl-F).
O programa buscará coincidencias entre as figuras da
árbore de figuras e a formada polas pezas na zona de xogo.
Ao final, o programa informará das coincidencias
atopadas.
Finalmente, pode gravar os datos da nova figura nun
arquivo de disco utilizando a opción de menú Xogo->Crear nova
figura->Gardar figura (ou ben coa
combinación de teclas Crtl-D).
Entón deberá asignar un nome descriptivo á figura e
un nivel de dificultade. Pode seleccionar en que directorio
deber gardarse os datos da figura utilizando o
botón .